A idea



1.-


  •   Render unha homenaxe a través da fotografía e o audiovisual, a todos eses mariñeiros do Morrazo, que actualmente se encontran xubilados, pero que durante gran parte da súa vida laboral estiveron lonxe da súa terra a bordo de pesqueiros ou buques mercantes, e tamén os que estiveron mais preto dela traballando no marisqueo ou baixura.
  •  Con esta idea motora do proxecto tratamos de  expresar a dureza da vida no mar, a través dos rostros das persoas e das súas mans tan curtidas, así coma coas súas testemuñas.
  • Crear un arquivo fotográfico o máis amplo posible, con fotografías desas persoas, tendo en conta que na actualidade cada vez son menos os veciños que se dedican a esa actividade. E á vez, facer unha recompilación de datos desas persoas tales como anos do primeiro embarque, barcos, artes, mares ou caladoiros, compañeiros cos que traballaron, postos ocupados abordo, así como a súa mellor e peor experiencia.
  • Realizar un arquivo de vídeos con entrevistas a distintos mariñeiros, nos que narren as súas experiencias no mar.
  • Este proxecto debería de interesar ás distintas entidades relacionadas coa pesca: casas armadoras, confraría de pescadores, construción naval, empresas do sector de elaboración como conserveiras e frigoríficos, asociacións profesionais, así como á Administración Local e poboación en xeral, xa que na maioría das familias haberá persoas que son xubilados do mar e estas xentes forman parte da historia viva do noso pobo. 


2.- O SOPORTE FOTOGRÁFICO.

  • Para este proxecto realizaranse retratos en formato dixital, procesados en branco e negro. 
  •  O formato das imaxes será preferentemente vertical.
  •  O aspecto estético que queremos que teñan as nosas fotografías será de retratos aparentemente sinxelos pero profundamente psicolóxicos, de personalidades descoñecidas pousando fronte a un inmaculado fondo branco, plasmando os trazos dos rostros dos personaxes, logrando así unha considerable forza expresiva.
  • Considérase moi interesante poder reunir varios membros dunha tripulación dun barco e realizar unha foto do grupo.


3.- O SOPORTE VIDEOGRÁFICO.

  • Para a realización dun documental, realizaranse diversas entrevistas a mariñeiros xubilados, cun aspecto similar ao utilizado nas fotografías, para darlle unidade ao proxecto.
  • A edición do video, realizarase igualmente en branco e negro, en en calidade Dvd.



4.- O SOPORTE FORMAL.


  • LIBRO MARIÑEIROS: Edición e impresión dun libro coas fotografías dos mariñeiros, en tamaño 22x26 cm, de 200 páxinas aproximadamente con tapas duras e camisa de sobrecuberta. Unha tirada de 1000 exemplares.
  •  EXPOSICIÓN MARIÑEIROS: no mes de Xuño de 2016 realizarase a exposición fotográfica cos retratos de todos os mariñeiros. Estará organizada a xeito dun percorrido polas rúas, onde se irán colocando as fotografías tanto na vía pública coma en escaparates ou interior de comercios colaboradores, finalizando na sala de exposicións,  en cuxo interior se expoñerán o resto das fotos e no exterior desta colocadas en soportes outras fotografías impresas en gran tamaño.
  • PROXECCIÓN DOCUMENTAL: O documental realizado coas entrevistas dos mariñeiros, editarase en Dvd, e proxectarase nos auditorios municipais ou outras salas, antes ou mentres estea colocada a exposición.



5.- ORZAMENTO E FINANCIAMENTO.

         Dada a magnitude deste proxecto, elabóranse uns orzamentos detallados divididos en dous apartados, por unha banda a edición do libro e Dvd e por outra a montaxe da exposición.

         Cun custe tan elevado, o proxecto non pode ser financiado unicamente pola Asociación, polo que cabe interesar tanto das Administracións Públicas, coma de empresas privadas, a colaboración con este proxecto, considerando que pode resultar do seu interese, propoñendo a seguinte fórmula a estudiar:


  • Edición e impresión dun número determinado de exemplares do libro e Dvd, co único logotipo da entidade colaboradora na sobrecubierta do libro e Dvd, así como nos créditos do resto das edicións e cartelería da exposición.
  • Según a cantidade económica aportada, sería o número de exemplares entregados, tendo en conta que para a personalización da sobrecubierta necesitase un número mínimo de exempalres.
  • Estímase que o financiamento de entidades públicas e privadas, debería acadar a lo menos o 50% do custe total do proxecto, sendo o outro 50 % aportado pola Asociación.-





No hay comentarios: