Quenes somos

O Colectivo Abrenoite é unha Asociación que xorde dos Obradoiros da Escola de Adultos de Rodeira-Cangas, dende hai máis de dez anos, cunha paixón en común : A Fotografía.

Mais dunha  vintena de persoas participan das actividades de formación e difusión da arte da fotografía, xuntándose todas as semanas na Casa da Cultura, onde intercambian coñecementos i experiencias,  e tentando amosar o seu traballo cada ano nunha exposición na Vila de Cangas.

Os compoñentes da Asociación pertecen a diferentes profesións, idades e tentan que a fotografía sexa un xeito de expresión que chegue a un grande número de persoas, por eso é un Colectivo aberto a todo tipo de xentes que queiran descubrir o mundo da fotografía.

A Asociación realiza numerosos traballos e publicacións, entre as que destacan:
·        Libro “Aldán”,  e exposicións sobre:

·        A Semana Santa de Cangas,
·        Exposición de gran formato nas fachadas dos edificios sobre os deportistas de Cangas “Deportistas XXXL”,
·        Exposición “Cangueiros”
·        Exposición “Boas Noites”
·        Exposición “Un momento, un sentimento”
·        Exposición “ART-ifices”
·        Exposición “As marabillas de Cangas”
·        Axenda que cada ano adícase  a un tema, o mar, os faros, MARIÑEIROS …
·        Cursos de fotografía  impartidos a persoas adultas e mocidade de Cangas.

No hay comentarios: