Proxecto Mariñeiros

 

O noso último traballo MARIÑEIROS (EN CURSO)

 

DALLE AVANTE....


      O gran fotógrafo galego José Suárez realiza unha serie sobre os homes do mar no ano 1936,ambientada nas vilas de Cangas e Bueu. O poeta Bernardino Graña na sua “Oda os mariñeiros de Cangas” argalla unha grande profecía os homes de mar da vila.



      No ano 2015 o Colectivo Abrenoite, comeza o seu traballo fotográfico “Mariñeiros”, un documento visual onde rende tributo aos homes que botaron toda a sua vida percorrendo os mares do mundo de Groenlandia, Antártida, Grand Sole, Terra Nova, Malvinas, Madagascar, Arxentina, Sudáfrica...., nas suas mans está toda unha vida chea de mar.



      A fotografia ten a maxia de  rescatar  o pasado e recrear o presente.



      Estes retratos son fotografías onde os protagonistas, levan nos seus rostros as mareas dunha aventura épica, a maioria nunhas  condicions moi duras, testemuñas e protagonistas de naufraxios, dunha experiencia asolagada de salitre, hoxe as suas vidas están cheas  de récordos, de horas a bordo, as suas miradas son o arrecendo do paso do tempo, e estas imaxes atesouran esas vidas.



      Este traballo e unha grande homenaxe aos mariñeiros da bisbarra, que son os protagonistas ,e que grazas a sua xenerosidade naceu este proxecto.



      E o recoñecemento que o Morrazo lle debe as  persoas que entregaron as suas vidas,  e as dos seus , as horas do mar, principia a singladura...


AXENDA 2016 - MARIÑEIROS

Un ano máis editamos a axenda, este ano dedicada aos MARIÑEIROS, como un avance do proxecto, co mesmo nome e que verá a luz a mediados do mes de xuño de 2016. 
Si queres algún exemplar ponche en contacto connosco.




No hay comentarios: