O vindeiro martes 14 de xuño do 2016, as 20:30 horas no Auditorio Muncipal de Cangas, a Asociación procederá a estrea do documental "Mariñeiros, A memoria do sal", un documental desgarrador no que a través de entrevistas a mariñeiros do Morrazo, podemos comprender algo que xa albiscábamos, ese traballo
precisa tanto de coraxe coma de esforzo para sacalo adiante.
Relatos duros, emocionados, ricos en detalles que transportan ao espectador a cuberta dunha embarcación a piques de se afundir.Vivencias dos mariñeiros do Morrazo, que circundaron os mares de todo o mundo, e que merecen unha homenaxe . . . .
Estades todas e todos convidados.
domingo, 12 de junio de 2016
jueves, 2 de junio de 2016
MARIÑEIROS, A MEMORIA DO SAL. PRIMEIRA TIRADA.....
Ben, como se di o prometido é débeda.....
Onte, xa con todo o libro corrixido, en Graficas Lasa de Padrón iniciaron a primeira tirada. Como non podía ser doutra maneira alí estabamos para comprobar que todo se axustaba ao que buscabamos. É un pracer ver como traballan atentos a cada detalle e informando en cada momento. Creo que o traballo se verá recompensado coa calidade da impresión.
Déixovos cunhas fotos da tarde de onte.
Agora toca esperar, hoxe quedará todo impreso a falta de encadernación, para a semana nas nosas mans..... Que ansia de telo xa....
viernes, 13 de mayo de 2016
MARIÑEIROS, A MEMORIA DO SAL. Finalizado o traballo de campo.
O traballo de campo deste proxecto, xa está finalizado, lembrar que comezamos a realizar fotografías de mariñeiros xubilados a principios de outubro de 2015, e finalizamos as tomas a finais de abril de 2016. Sete meses de traballo, durante os cales pasaron por diante dos nosos obxectivos un total de 182 homes de mar.
Ademais realizáronse 35 vídeos onde os mariñeiros relatan as súas vivencias.
Co total das fotografías, realizarase un libro, o cal xa se atopa na imprenta pendente da primeira tirada e revisión da mesma, que será seguramente a próxima semana.
Doutra banda os vídeos xa están en mans de Borja Brun para a realización do documental, que vos podemos adiantar estrearase o 14 de xuño de 2016 no Auditorio de Cangas.
Xa iremos publicando como transcorre todo.
martes, 15 de marzo de 2016
O NAUFRAXIO EN CABO HOME DO “CABO LA PLATA”
Este
ano, estamos a realizar un proxecto para render unha homenaxe aos mariñeiros da
comarca que pasaron a maior parte da súa
vida no mar, todos eles con grandes vivencias e recordos, neste caso recuperamos
un anaco de memoria dun veciño de Donón, que sendo neno, viviu á beira da súa
casa o naufraxio dun mercante, o Cabo la Plata.
O
2 de outubro de 1952, embarrancou o mercante español Cabo la Plata. Levaba
carga xeral con tabaco, viño Sansón, motores Perkins, xabón, aceite, etc.
O
cabo da Prata era un vapor mixto de carga e pasaxe, fora botado en 1908 e, durante a Guerra Civil
española fora requisado polos Nacionais, recuperando a compañía Ybarra o buque no ano 1939.
Procedía
de Sevilla e fixera escala en Vigo , ao saír pola boca da ría e, debido á
néboa, embarrancou ao sur do cabo Home, sobre os baixos Capeludos
O
seu capitán deu orde para que abandonasen o barco os 30 homes da súa tripulación
dado que presentaban unha adega alagada, ademais da sala de máquinas polo que
nada podían facer polo seu salvamento
Ao
ser imposible o reflotamiento do buque, durante varios meses instaláronse en
Donón, uns barracóns que servían de aloxamento e servizo aos mergulladores que
se atopaban traballando no despezamento do
barco.
Nos
traballos realizábanse voaduras con explosivos mergullados, as chalanas de
pescadores situábanse a unha distancia prudencial e ao momento da explosión
remaban rapidamente cara á zona para recoller todo o peixe que quedaba aboiado.
Pero
parece ser que ese non foi o único proveito que os veciños sacarían do
naufraxio, xa que nos días posteriores ao mesmo, a recollida de mercadoría
caída do buque era frecuente pola costa e a praia de Melide, din que mesmo
algún carro de bois de Darbo foi ata a zona.
Unha fermosa historia do noso
pobo mariñeiro.
Aquí véselle en Pasajes. Está lixeiramente no centro esquerda.
viernes, 26 de febrero de 2016
José Suárez. Un dos grandes fotógrafos galegos.
Deixamovos cun vídeo-reportaxe sobre o gran fotógrafo galego José Suárez con motivo da
exposición 'José Suárez. Uns ollos vivos que pensan', que se pode
visitar na Cidade da Cultura do 13 de novembro de 2015 ao 27 de marzo de
2016.
Cabe lembrar que polo ano 1936, José Suárez realizou unha serie sobre Mariñeiros en Cangas e Bueu.
Posteriormente expoñeríase o traballo na Sala de Arte da Caixa de Aforros de Vigo (1967) e despois no Museo Arqueolóxico de Ourense(1971)
Posteriormente expoñeríase o traballo na Sala de Arte da Caixa de Aforros de Vigo (1967) e despois no Museo Arqueolóxico de Ourense(1971)
Podedes visitar o blog, onde figuran os diferentes documentos, textos, cartas, artigos, catálogos, fotos… para un mellor coñecemento da obra e da persoa de José Suárez.
miércoles, 17 de febrero de 2016
Axenda 2016
Aínda estás a tempo de conseguir algún dos poucos exemplares que nos quedan da axenda "MARIÑEIROS 2016".
Por si non a coñeces, é de tamaño 10x15 cm, ideal.....
Por si non a coñeces, é de tamaño 10x15 cm, ideal.....
Ponche en contacto e dicímosche como conseguila
PROXECTO MARIÑEIROS
Queremos render
unha homenaxe a través da fotografía e o audiovisual, a todos os mariñeiros
do Morrazo, que actualmente se encontran xubilados, pero que durante gran parte
da súa vida laboral estiveron lonxe da súa terra a bordo de pesqueiros ou
buques mercantes, e tamén os que estiveron mais preto dela traballando na
baixura.
Con todo ese traballo, editarase un libro, e un documental, ao mesmo tempo que se realizará unha exposición fotográfica.
domingo, 16 de junio de 2013
jueves, 13 de junio de 2013
AS FOTOGRAFÍAS DAS RÚAS TODAS MONTADAS
As 17 fotografías que van nas rúas xa están todas montadas, e chamando a atención e a admiración dos veciños e achegados de Cangas.
Dous días con publicación no Faro de Vigo "Una villa a imagen de sus atletas" do 11 de xuño e "Colados por las fotos" do 12 de xuño.
Dende a aquí gracias a todos os que fixeron posible que este proxecto se levara a cabo.
domingo, 9 de junio de 2013
CARTEL E TRÍPTICO DA EXPOSICIÓN DEPORTISTAS XXXL
Hoxe estamos que o rompemos, mañan luns está previsto que empecemos a colocar as lonas polas distintas fachadas de Cangas, seguindo o mapa publicado con anterioridade, agora e o turno do cartel e mailo tríptico.
Y este el enlace al tríptico
Y este el enlace al tríptico
sábado, 4 de mayo de 2013
FIRMA CONVENIO DE COLABORACIÓN CON FUNFACIÓN CANGAS DEPORTE.
Ayer por la tarde procedimos en la Casa da Xuventude de Cangas, a la firma del Convenio de Colaboración con la Fundación Cangas Deporte, al objeto de llevar a cabo la exposición fotográfica sobre Deportistas de Cangas XXXL.
Del acto se hace eco Faro de Vigo en el día de hoy, con una descripción del proyecto, acompañado de una fotografía del acto y dos más de dos deportistas fotografiados, como son Carlos Pérez y Lucía Llopiz.
Ver la Noticia . . . .
Espero que esto nos de el último impulso para este GIGANTE PROYECTO.
Del acto se hace eco Faro de Vigo en el día de hoy, con una descripción del proyecto, acompañado de una fotografía del acto y dos más de dos deportistas fotografiados, como son Carlos Pérez y Lucía Llopiz.
Ver la Noticia . . . .
Espero que esto nos de el último impulso para este GIGANTE PROYECTO.
Miembros Asociación con Concejales Cultura y Deporte Concello de Cangas//Foto: Gonzalo Núñez |
HORA DE RENOVARSE . . . .
Hola a todos, como algunos sabréis este blog llevaba un tiempo abandonado y con un poco de desorden, en las entradas del mismo.
En principio no había sido concebido como un sistema para dar a conocer el trabajo que realizamos en la Asociación, sino como un lugar de encuentro de los socios.
Con el tiempo y en especial en el último mes estaba teniendo muchas visitas , y en el mismo no había entradas nuevas y las que había no reflejaban la realidad actual de la Asociación, es por lo que he decidido re-enfocar los temas a tratar en el mismo.-
Espero que lo entendáis y que os enganchéis a esta nueva etapa.
En principio no había sido concebido como un sistema para dar a conocer el trabajo que realizamos en la Asociación, sino como un lugar de encuentro de los socios.
Con el tiempo y en especial en el último mes estaba teniendo muchas visitas , y en el mismo no había entradas nuevas y las que había no reflejaban la realidad actual de la Asociación, es por lo que he decidido re-enfocar los temas a tratar en el mismo.-
Espero que lo entendáis y que os enganchéis a esta nueva etapa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)